Polo Real decreto 552/2006, do 5 de maio, foi aprobado o acordo adoptado o día 17 de abril de 2006 pola Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado – Comunidade Autónoma de Galicia pola que, amplíanse os medios económicos adscritos ás funcións e servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Decreto 146/1993, de 29 de xaneiro, en materia de xestión da formación profesional ocupacional (formación continua).

Polo Decreto 106/2006, de 30 de xuño se asumen os medios económicos e as funcións e servizos transferidos correspondendo á Consellería de Traballo exercer as funcións que sexan necesarias para o correcto desenvolvemento das funcións traspasadas.

En virtude das normas anteriores, se transfiren á Xunta de Galicia os créditos relativos aos medios persoais, materiais e económicos adscritos á Fundación Tripartita para la Formación en el Empleo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que “se xestionarán mediante a subscrición do correspondente convenio a través do órgano competente en representación da comunidade autónoma”.

A Fundación Tripartita para la Formación en el Empleo, en virtude do establecido na disposición transitoria única do Real Decreto 1046/2003, do 1 de agosto que regula o subsistema de formación profesional continua, desempeña as funcións atribuídas polo artigo 21 do mencionado Real decreto á Fundación estatal para a formación no emprego, en tanto que esta non se constitúa.

Consonte o anterior, a Consellería de Traballo considerou que coa entrada en vigor do Real Decreto 552/2006 era necesario a creación dunha fundación do sector público de Galicia que no ámbito da Comunidade Autónoma desenvolvese as actividades que viña desenvolvendo a Fundación Tripartita para la Formación en el Empleo, sen prexuízo das funcións que corresponden á Xunta de Galicia en materia de emprego e formación.

Fronte á utilización doutras figuras de xestión de servizos públicos como sociedades de dereito privado ou outro tipo de entidades de dereito publico (consorcio, organismos autónomo) a opción da Fundación ven a resultar a máis axeitada para a xestión da formación para o emprego:

  • Permite a participación de xeito paritario da administración e os axentes sociais nos órgano de dirección.
  • Leva a cabo unha xestión máis áxil e eficaz dos recursos destinados á formación.
  • Non altera as competencias da Xunta de Galicia en materia de formación para o emprego.

A actual Fundación Pública Galega da Formación para o traballo, naceu como Fundación Galega da Formación para o Traballo, en diante FGFT, e foi constituída en maio de 2008, como entidade sen ánimo de lucro, adscrita á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

A FGFT foi declarada, de interese laboral por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública o 9 de xullo de 2008 (D.O.G. nº 140 do 21 de xullo), de interese galego por Orde da Consellería de Traballo do 22 de agosto de 2008 ( D.O.G. nº 171 do 4 de setembro) e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de interese galego co número 2008/11.

Con data de 10 de novembro de 2011, o Consello da Xunta de Galicia, autorizou a modificación dos estatutos da FGFT de conformidade co disposto no art. 114.1 da lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia, como consecuencia da necesidade de dar cumprimento ao establecido na Disposición transitoria terceira da propia LOFAXGA. O 25 de novembro de 2011, en reunión ordinaria nº3/2011 do Padroado da FGFT, adoptou o acordo para proceder a sinatura de ditos Estatutos, e a súa posterior elevación á escritura pública. Así no seu artigo 1º pasa a súa denominación a ser Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo”.

OBXECTO E FINS

O obxecto principal da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo ( en adiante FPGFT) é a realización de fins xerais de interese galego, no ámbito territorial no que a súa denominación e fins se contraen, e ao fomento e desenvolvemento das políticas de formación para o emprego de Galicia.
Entre os seus fins destacamos os seguintes:

  • Promover, aplicar e implementar actuacións tendentes á configuración dun sistema integrado de formación profesional en Galicia.
  • Promover a eficiencia e a eficacia das políticas de formación a través do análise e mellora continuada das mesmas.
  • Impulsar e estender entre os empresarios, empresarias, traballadores e as traballadoras unha formación que responda as súas necesidades e contribúa ao desenvolvemento dunha economía baseada no coñecemento.
  • Favorecer a formación ao longo da vida dos traballadores e traballadoras mellorando a súa capacitación profesional e promoción persoal.
  • Proporcionar aos traballadores e traballadoras os coñecementos e as prácticas adecuadas aos requirimentos do mercado de traballo e as necesidades das empresas.
  • Contribuír á mellora da produtividade e competitividade das empresas, e a estabilidade e calidade do emprego.
  • Calquera outro fin que conduza o cumprimento do obxecto fundacional.

Compartir esta información

Voltar ao inicio »

CONTACTA COA FUNDACIÓN

Nome (requerido)

Correo (requerido)

Asunto (requerido)

Mensaxe (requirido)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR