A FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DA FORMACIÓN PARA O TRABALLO sabedora da importancia da calidade á hora de satisfacer as necesidades dos clientes decidiu levar a cabo a implantación dun Sistema de Xestión da Calidade efectivo e eficiente, acadando así os beneficios de tódalas partes interesadas, co compromiso pola parte da Dirección da mellora continua e a adaptación aos novos cambios.

O obxectivo permanente será promover o concepto de mellora continua e soster e incrementar a satisfacción do cliente.

As directrices xerais que se establecen para a consecución destes obxectivos son as seguintes:

  • Acadar a plena satisfacción dos nosos clientes, proporcionándolles servizos acordes aos requisitos, necesidades, expectativas e especificacións establecidas, incluindo as normas ou lexislación vixente.
  • Establecer unha sistemática documentada (ou normalización) para asegurar a calidade dos servizos.
  • Implantar a mellora continua como norma de conduta.

Este Sistema de Xestión da Calidade, establecido durante o ano 2011, e baseado nas esixencias da Norma UNE-EN-ISO 9001: 2008, recolle os oito principios de xestión da calidade, que son os seguintes: a organización enfocada ao cliente, o liderado, a participación do persoal, o enfoque ao proceso, o enfoque do sistema cara á xestión, a mellora continua, o enfoque cara á toma de decisións e a relación mutuamente beneficiosa có proveedor.

Certificado de Calidade da Fundación

Política de Calidade da Fundación

Compartir esta información

Voltar ao inicio »

CONTACTA COA FUNDACIÓN

Nome (requerido)

Correo (requerido)

Asunto (requerido)

Mensaxe (requirido)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR