O contrato para a formación e a aprendizaxe ten por obxecto a cualificación profesional dos traballadores, nun réxime de alternancia de actividade laboral retribuída nunha empresa, con actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.

  • Este é un instrumento destinado a favorecer a inserción laboral dos mozos.
  • Ten por obxecto a cualificación profesional dos traballadores nun réxime de alternancia de actividade laboral retribuída nunha empresa.
  • A actividade formativa recíbese no marco:
    • Do sistema de formación profesional para o emprego (Certificados de profesionalidade) ou
    • Do sistema educativo (Título de Formación Profesional)

Aspectos laborais

Requisitos dos traballadores:

  • Que no teñan cualificación para un contrato en prácticas.
  • Entre 16 e 25 anos (menores de 30 anos ata que a taxa de desemprego se sitúe por debaixo do 15%.
  • Sen límite de idade para persoas con discapacidade, colectivos de exclusión social en empresas de inserción e alumnos de Escolas-Obradoiro, Casas de Oficio, Obradoiros de Emprego e Programas de Emprego-Formación.

Duración: Mínimo 1 ano – máximo 3 anos (Mínimo 6 meses por convenio colectivo).

Salario: Non inferior ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

Requisitos dos traballadores:

  • Redución das cotas empresariais ao 100% para empresas de menos de 250 traballadores e do 75% para empresas de máis de 250 traballadores.
  • Financiamento da formación: Bonificacións nas cotas empresariais por un número de horas equivalente aos seguintes porcentaxes da xornada laboral:
Traballadores Anos de contrato
Primeiro ano Segundo ano Terceiro ano
En xeral 25% 15% 15%
Beneficiarios de garantía xuvenil 50% 25% 25%

Bonificación adicional para financiar os custos de titoría da empresa, cunha contía máxima de 1,5 euros por alumno e hora de titoría, cun máximo de 40 horas por mes e alumno. En empresas de menos de 5 traballadores a contía máxima poderá ser de 2 euros por alumno e hora de titoría.

  • No caso de transformarse en indefinidos durante 3 anos: 1500 € ou 1800 € para mulleres.

Beneficios para o traballador:

  • Redución do 100% da cota do traballador
  • Total protección social
  • Desemprego
  • Cualificación profesional

Aspectos formativo

A actividade laboral desenvolvida polo traballador na empresa deberá estar relacionada coa actividade formativa.

O obxectivo da formación é a cualificación profesional das persoas traballadoras

  • Títulos de Formación Profesional de grao medio ou superior
  • Certificados de Profesionalidade de nivel 1,2 e 3 de cualificación.

Poderá incluír formación complementaria que estea incluída no Catálogo de Especialidades Formativas.

No sistema de formación para o emprego, se poderá impartir en modalidade presencial ou teleformación en los centros acreditados/inscritos.

No sistema educativo se poderá impartir en modalidade presencial ou a distancia.

Autorización de inicio da actividade formativa

A actividade formativa será autorizada previamente ao inicio do contrato pola administración competente. A autorización solicitarase a través dunha aplicación posta a disposición polo SEPE:

Custos da formación e o seu financiamento

  • Mediante bonificacións nas cotas empresariais da Seguridade Social. Serán de aplicación os artigos 8, 9 10 e 11 da Orde do ESS/2518/2013, modificada pola Orde ESS/41/2015.
  • Os custos que se poden financiar da formación calcularanse segundo os módulos:
    • Modalidade presencial: Custos hora/ participante serán de 8 euros.
    • Modalidade a distancia/teleformación : Custos hora/alumno será de 5 euros.
    • Bonificación adicional por titorízación: contía máxima de 1,5 euros por alumno e hora de titoría, cun máximo de 40 horas por mes e alumno.
    • En empresas de menos de 5 traballadores, o importe da contía máxima anterior será de 2 euros por alumno e hora.
  • Contía máxima da bonificación que poderá aplicarse a empresa será a correspondente a un número de horas equivalente ao 25 % da xornada durante o primeiro ano e ao 15 % da mesma durante o segundo e terceiro año.

    No caso dos contratos cuxos beneficiarios estean incluídos no Sistema de Garantía Xuvenil, o importe das porcentaxes anteriores será do 50% e o 25% respectivamente.

  • O pago aos centros de formación acreditados ou autorizados, de titularidade privada: a empresa aboará mensualmente ao centro o custo da formación, podéndose aplicar por iso as correspondentes bonificacións nas cotas á Seguridade Social, segundo artigo 10 da Orde ESS 2518/2013.
    • O centro emitirá á empresa factura mensualmente especificando: nome do centro, representante do mesmo, datos dos participantes, formación realizada, número de horas de formación do mes liquidado e data da factura.
    • O centro de formación, ou a empresa no seu caso, comunicarán ao Servizo Público de Emprego Estatal, mediante o Rexistro Electrónico, todos os datos anteriores, periódicamente segundo se vai facturando, ou dentro do mes seguinte á terminación do exercicio orzamentario.
  • A formación complementaria poderase financiar a través do presuposto do Servizo Público de Emprego Estatal, segundo o apartado 2 do artigo 4 da Orde ESS/2518/2013, na súa redacción dada pola Orde ESS/41/2015, de 12 de xaneiro.

LEXISLACIÓN

Para coñecer a lexislación aplicable á formación dual fai clic aquí

Compartir esta información

Voltar ao inicio »

CONTACTA COA FUNDACIÓN

Nome (requerido)

Correo (requerido)

Asunto (requerido)

Mensaxe (requirido)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR